Despois da proxección da Rosa incandescente e da charla coa guionista sobre a curtametraxe e aspectos da vida de Rosalía, o alumnado de 3º da ESO seguiu analizando a vida e obra da escritora. Agora tocou viaxar ata Padrón para ver a Casa Museo de Rosalía e a Santiago para achegarnos ata o Panteón dos Galegos Ilustres. Que mellor maneira de estudar que traballar sobre o terreo a figura de Rosalía.
Pero, aproveitamos a viaxe. En Santiago visitamos a Cidade da cultura galega e o Museo do pobo galego
No hay comentarios:
Publicar un comentario