jueves, 30 de marzo de 2023

A Mocidade coa Lingua

 

Hoxe, 30 de marzo, o noso alumnado de 3º de ESO e 4º de Artes Escénicas participou na actividade 

A Mocidade coa Lingua. 

Fixérono moi ben e viñeron encantados desta primeira experiencia. Esperamos que repitan para o próximo curso. 

Aquí tedes os videos da súa actuación




martes, 28 de marzo de 2023

Conversa con Érica Esmorís

O alumnado de 1º e 2º da ESO puido conversar con Érica Esmorís sobre o seu libro Quen salva a un can. 


Estiveron moi atentos, moitos teñen mascotas e senten moito cariño por elas. O libro ensina a querer, respectar ...



 

Revista dixital Bululú

 Compartímosvos aquí a revista literaria Bululeo. Esperamos que vos guste


lunes, 27 de marzo de 2023

Charla con Eva Mejuto

 Hoxe veu visitarnos Eva Mejuto para falarnos da súa obra A memoria do silencio



Aprendemos moito sobre as personaxes. Das irmás Touza, as grandes descoñecidas da historia, mulleres galegas afoutas das que moitos deberían aprender. 




martes, 21 de marzo de 2023

Día da poesía

 Hoxe celebramos o Día da poesía coa presenza de Mariola Hermida, unha poeta local que vén presentar o seu ultimo libro Onde nacen os pexegueiros




Como gozamos coa súa poesía!!!








viernes, 10 de marzo de 2023

Muller e prensa


Todo o alumnado do centro traballou a muller e a prensa, así tratamos durante a semana da prensa o papel da muller. Que noticias están protagonizadas por mulleres, que mulleres asinan as noticias....os Goya e as mulleres e como non, o deporte e as mulleres. Traballaron moito, investigaron, leron e entenderon cal é o papel da muller a día de hoxe na prensa, que é o que vemos a través dos xornais.






 

Primaria traballou  moito e así o demostra o fermoso mural que crearon

jueves, 9 de marzo de 2023

Os maiores visitan A Xunqueira

 Un grupo de alumnos, alumnas e profesoras do noso centro participan nun proxecto de fotografía denominado Fotografía en curso. Realizaron unhas sesións de fotos con homes e mulleres que viven na residencia de ancianos de Laraxe. 






 

Xa que viñeron visitarnos ao noso centro aproveitamos para facerlles unhas entrevistas na radio. 

Aquí vos deixamos o enlace ao seu audio.

Entrevistas aos nosos maiores 

 

 

 

Esperamos que vos gusten

A nós parecéronnos moi interesantes. Os nosos maiores sempre teñen un montón de cousas que contar. 

Aproveitamos para preguntarlles por exemplo temas relacionados coa forma de vida cando eles eran novos e a situación da muller en esa época xa que viñeron en torno ás datas do 8 de marzo.

 





 


miércoles, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO - As mulleres nos premios Goya

 Un grupo de alumnos do noso centro analizaron o papel das mulleres nos premios Goya e fixeron este documento utilizando o programa Canva. Engadíronlle QR que nos levarán a outras informacións sobre o tema. Esperamos que vos guste. 


8 de marzo

Libros que podemos atopar na biblioteca protogonizados por mulleres









 

lunes, 6 de marzo de 2023

Semana da prensa na escola

O que garda sempre ten!!  e canta razón. Foi así como puidemos mostrar ao noso alumnado prensa nos distintos formatos e de distintos lugares.