martes, 27 de abril de 2021

Encontro online con Ledicia Costas


  

Os nosos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria leron o libro Vampira de biblioteca de Ledicia Costas e este martes, 27 de abril, tiveron a marabillosa oportunidade de compartir coa súa autora as súas impresións e escoitar as fermosas cousas que tiña para lles contar. Grazas Ledicia por compartir con nós o teu tempo. 









 Podedes ver máis imaxes no Facebook do noso cole pinchando aquí.

viernes, 23 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO 2021!!!!

 

 Este curso para celebrar o día do libro propuxémoslle ao noso alumnado que pensaran sobre o libro que máis lles gustou, o que máis lles influiu, o que recordan con máis agarimo, ...

Coas súas aportacións debuxamos estanterías cheas de libros que encheron os nosos corredores e aulas. 

O alumnado de infantil elaborou un verme lector, flores con frases e libros, estanterías de libros, ...





Aquí están as estanterías de Primaria




E as de secundaria








 






Tamén nos contaron en varios vídeos opinións sobre os seus libros preferidos. 



 

 




jueves, 22 de abril de 2021

DIA DA TERRA 22/04/ 2021


 

Hoxe é o día adicado pola ONU ao noso planeta. Queremos recordar dende o noso cole a importancia de respectar o lugar onde vivimos para non acabar destruíndoo. 

Aquí vos deixamos o enlace  á información que publica a ONU na súa web relacionada co tema deste día.  Día da terra na ONU

Temos que tomar conciencia da importancia de respectar o noso planeta e buscar o desenvolvemento de actividades sustentables. 

Nas redes sociais atopamos moita información sobre o tema.

Achegámosvos aquí unha publicación moi interesante sobre o tema. Nela preséntase de maneira clara cal é o problema e como podemos nós de maneira individual achegar a nosa aportación para mellorar a situación, rematando cun pequeno xogo. A súa autora é Sonia Cartón. Podes atopar a información no seguinte enlace:  Día da terra

viernes, 16 de abril de 2021

Día do libro: 23 de Abril


Imos un ano máis festexar o día do libro.

 Queremos facer unha proposta para toda a comunidade educativa: 

 


Animádevos a participar!!!

miércoles, 14 de abril de 2021

Visita virtual de Alfredo Gómez Cerdá e Héctor Cajaraville

 O mércores, 14 de abril, tivemos o enorme pracer de realizar dous encontros de escritores co noso alumnado. 

Neste curso, estes encontros estamos realizándoos de maneira virtual. Aínda así, supoñen un aliciente para o alumnado ao poder falar directamente cos autores dos libros que están a ler. 

Alfredo Gómez Cerdá recibeu o premio Fundación Cuatrogatos 2020 polo seu libro Ninfa rota. O alumnado de terceiro de ESO  e os  de oratoria de segundo de ESO participaron no encontro co escritor, despois de ler este libro. Foi un encontro moi interesante, no que o autor nos explicou como leva a cabo o proceso para escribir o libro, de onde saca as ideas, ...  e respondeu ás preguntas do noso alumnado.





 

Héctor Cajaraville é periodista e profesor de ensino secundario. O noso alumnado de segundo de ESO leu o seu libro A caixiña dos rancores, que recibeu o premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil  no ano 2015. Puido escoitar ao autor do libro e trasladarlle as súas preguntas. 


 

O alumnado agradeceu moito poder realizar estes encontros con escritores, xa que supón un complemento moi importante para a súa formación.