miércoles, 14 de abril de 2021

Visita virtual de Alfredo Gómez Cerdá e Héctor Cajaraville

 O mércores, 14 de abril, tivemos o enorme pracer de realizar dous encontros de escritores co noso alumnado. 

Neste curso, estes encontros estamos realizándoos de maneira virtual. Aínda así, supoñen un aliciente para o alumnado ao poder falar directamente cos autores dos libros que están a ler. 

Alfredo Gómez Cerdá recibeu o premio Fundación Cuatrogatos 2020 polo seu libro Ninfa rota. O alumnado de terceiro de ESO  e os  de oratoria de segundo de ESO participaron no encontro co escritor, despois de ler este libro. Foi un encontro moi interesante, no que o autor nos explicou como leva a cabo o proceso para escribir o libro, de onde saca as ideas, ...  e respondeu ás preguntas do noso alumnado.





 

Héctor Cajaraville é periodista e profesor de ensino secundario. O noso alumnado de segundo de ESO leu o seu libro A caixiña dos rancores, que recibeu o premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil  no ano 2015. Puido escoitar ao autor do libro e trasladarlle as súas preguntas. 


 

O alumnado agradeceu moito poder realizar estes encontros con escritores, xa que supón un complemento moi importante para a súa formación. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario