viernes, 27 de mayo de 2022

Hoxe visítanos MARÍA CANOSA

 


O alumnado de 4º, 5º e 6º  leu o libro de María Canosa titulado As pombas de Bastián e agora terá a oportunidade e o pracer de intercambiar con ela as súas impresións sobre o que leron.Estará cos nenos e nenas da Xunqueira no seguinte horario:
  • 09:20 - 4º de primaria.
  • 10:20 - 5º de primaria.
  • 11:45 - 6º de primaria.
 Os encontros terán lugar na biblioteca. 

Grazas pola túa visita, María


domingo, 22 de mayo de 2022

AXUNQUEIRARADIO: I FESTIVAL DE REGUEIFAS en IVOOX

 Enlace ao Podcast I Festival de Regueifas na Radio de A Xunqueira

AXUNQUEIRARADIO: I Festival de Regueifas

I FESTIVAL DE REGUEIFAS

I Festival de Regueifas con motivo do Día das Letras Galegas. Este ano adicadas a Florencio Delgado Gurriarán.

Este é o enlace á playlist cos traballos do alumnado de Infantil e Primaria. 

Preme na imaxe.


Agardamos que disfrutedes con eles. 

Grazas

jueves, 19 de mayo de 2022

Audioconto: O coelliño branco

 Narrado polo alumnado de 5º B

Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño. Cando o coelliño volveu á casa, atopou a porta pechada e petou. -Quén é? –preguntou un vozarrón desde dentro..." Na busca de axuda para reconquistar o seu fogar, ocupado pola terrible cabra cabraza, que se lle salta enriba o esmagaza, o coelliño branco levará varias sorpresas. Trátase dun texto-fórmula concebido tanto para ser lido como para ser contado, e que xoga dunha forma especial coa sonoridade e coa rima. Tamén reivindica a amizade e a coraxe como proba de que a valentía non é cuestión de tamaños.



Audioconto: Catarina, o Oso e Pedro

 Pedro únese a unha viaxe polo mundo chea de aventuras emocionantes. Un libro para axudar a romper barreiras físicas e amosar que o movemento faise andando... ou rodando.

Narrado polo alumnado de 6º de Primaria.


martes, 17 de mayo de 2022

Letras galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán




 Un ano máis no noso colexio festexamos as letras galegas recordando a figura do homenaxeado que este ano foi Florencio Delgado Gurriarán

O alumnado de primaria fixo un concurso de regueifas 

Todo o colexio participou nun concurso de marcapáxinas organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística. As bases estaban no seu blog e aquí vos deixamos os marcapáxinas gañadores:

Marcapáxinas Primaria



Marcapáxinas ESO



Noraboa aos premiados e moitas grazas a todos por participar!!!!!



jueves, 12 de mayo de 2022

Día escolar das matemáticas: 12 de maio. Entrega de premios

 No día escolar das matemáticas fixemos entrega do premio ao gañador do concurso de retos matemáticos.

O gañador foi Martín Seoane de 2º de ESO

Parabéns





jueves, 5 de mayo de 2022

DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

 


O departamento de matemática organizou un concurso de retos matemáticos con motivo da celebración o día 12 de maio do día escolar das matemáticas.

Animádevos a participar

Deixámosvos aquí as bases do concurso e os retos que hai que resolver

Sorte!!!!

Estas son as bases do concurso:


Aquí vos deixamos os enigmas que deberedes resolver:



 

martes, 3 de mayo de 2022

ROTEIRO LITERARIO CARVALHO CALERO

 

Os nosos alumnos e alumnas do club de lectura Lendo na Xunqueira disfrutaron hoxe, día 03 de maio, do roteiro literario sobre Carvalho Calero diseñado pola nosa compañeira Begoña. 

Dende as 9 da mañá recorreron os lugares máis importantes na vida deste coñecido escritor ferrolán e aprenderon moito tamén sobre os barrios máis antigos e coñecidos de Ferrol: Ferrol Vello, A Magdalena, Canido. 

O programa que seguiron foi:  

 

CASA DO ESCRITOR NO PORTO



 

 

IGREXA  DO SOCORRO




 

PRAZA DE AMBOAXE EN FERROL

 

Aproveitando que esta próxima fin de semana se celebra o concurso de piano, tocaron o piano nesta praza de Amboaxe

CONCELLO DE FERROL 


 

CANIDO: BARRIO DAS MENINAS



 

 

 No blog do club de lectura tedes todos os videos

 Vídeo de despedida

Deixámosvos aquí os diferentes textos que leron cada un dos membros do club por se estades interesados.