Narrado polo alumnado de 5º B
Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles á horta
para facer un caldiño. Cando o coelliño volveu á casa, atopou a porta
pechada e petou. -Quén é? –preguntou un vozarrón desde dentro..." Na
busca de axuda para reconquistar o seu fogar, ocupado pola terrible
cabra cabraza, que se lle salta enriba o esmagaza, o coelliño branco
levará varias sorpresas. Trátase dun texto-fórmula concebido tanto para
ser lido como para ser contado, e que xoga dunha forma especial coa
sonoridade e coa rima. Tamén reivindica a amizade e a coraxe como proba
de que a valentía non é cuestión de tamaños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario