martes, 23 de enero de 2024

Converxencias Arte e Ciencia 2024

 O alumnado de 4º da ESO asistiu á exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA). Logo participaron dun obradoiro

















Obradoiro e exposición pretenden  mostrar os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

miércoles, 17 de enero de 2024

Taller de alimentación saudable

 Viñeron ao noso cole unha dietista-nutricionista e unha enfermeira do Centro de Saúde de Fene para facer co alumnado de 1º a 4º de EP actividades relacionadas co coidado da alimentación e da saúde.

Os nenos e nenas pasárono xenial e seguro que aprenderon moitísimo. Moitas grazas!














jueves, 11 de enero de 2024

Lecturas compartidas en Infantil e Primaria

 Alumnado de 5º e 6º de Primaria foron ata as aulas de Infantil para lerlles aos máis pequenos/as do cole e compartir con eles as historias agochadas nas páxinas dos contos.

Estiveron moi atentos e os maiores uns fenómenos.