martes, 25 de abril de 2023

Roteiro literario

 Un ano máis o alumnado do Club de lectura participou nun novo roteiro literario. Este curso dedicado á figura de Concepción Arenal. Os nenos e nenas fixeron as súas lecturas nos lugares máis emblemáticos por onde puideron recoñecer a figura de Concepción Arenal, aprenderon moito sobre a súa vida e socializaron todos xuntos na cidade ferrolá.









                                      



lunes, 24 de abril de 2023

Un mar de lendas con Esperanza Piñeiro

 Para conmemorar o Día do Libro contamos coa presenza de Esperanza Piñeiro que veu falar do seu libro Un mar de lendas cos rapaces de 1º e 2º da ESO.



Os rapaces estiveron moi atentos e fixeron preguntas para logo facer o seu traballo.






domingo, 23 de abril de 2023

23 de abril, Día do libro

 PROPOSTA 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO


TEMÁTICA: TENDEDEIRO DE RECICLAXE DE LIBROS CLÁSICOS DE SEMPRE

XUSTIFICACIÓN: RECICLAR A PALABRA DE ESCRITOR@S DE SEMPRE:

Cervantes, Gianni Rodari, Gloria Fuertes, Roald Dahl, Rosalía de Castro, María Canosa, Paula Carballeira, Xosé Neira Vilas...

Trátase unha actividade creativa na cal se seleccionan da biblioteca de aula ou de centro libros clásicos de sempre ou versións actualizadas.

Cada alumn@ do curso de Infantil elixe un debuxo, unha palabra ou frase curta que se identifique co libro clásico escollido, a partir de Primaria ata a ESO elixen textos curtos e citas literarias do libro escollido que reflictan o que se está a contar no libro; as citas poden imprimirse ou escribirse a man sobre un anaco de papel, o cal se pega logo sobre unha cartolina de cores.

Estes son os resultados: