jueves, 28 de octubre de 2021

CONXUROS SAMAÍN 6º EP


Os rapaces de 6º de Primaria inventaron conxuros para facer desaparecer o coronavirus,ou o cancro, revivir os mortos e facelos rir,ou para rematar cos pesadelos e como non para acabar cos exames.
BO SAMAÍN A TOD@S
  

miércoles, 13 de octubre de 2021

SAMAÍN 2021 NA BIBLIOTECA: CREA O TEU CONXURO MÁXICO

No CPI A Xunqueira imos celebrar o Samaín un ano máis cunha chea de actividades convocadas dende o Equipo de Normalización e dende a biblioteca.
Aquí vos deixamos as nosas propostas
Animádevos a participar!!!
 - Crea o teu conxuro máxico e envíanos un vídeo co conxuro.
 
 
Colle unha cabaza e deccóraa como mellor che pareza!!

 

Crea un conto terrorífico e participa no concurso!!!!




jueves, 7 de octubre de 2021

RECREOS MAKER

 


Esta semana comezaron os recreos maker en secundaria!!!!

Martes e venres na aula maker durante o recreo de secundaria poderemos facer moitas actividades divertidas da man das profesoras Blanca e Montse. 

recreos maker

 

martes, 5 de octubre de 2021

LER CONTA MOITO: ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FENE

 Na biblioteca de Fene organizan unha serie de actividades de animación á lectura que nos parecen moi interesantes. Compartimos aquí a información que nos enviaron por se vos animades a participar. 


Esta é a actividade para o xoves día 7 de outubro
 

Será preciso facer reserva en cada unha delas presencialmente ou a través do teléfono 981 34 23 02. Cada semana a biblioteca municipal irá  publicando a actividade que vai realizar indicando o prazo para anotarse.

Deixámosvos o enlace ao facebook da biblioteca  municipal para que o consultedes se vos animades. 

https://www.facebook.com/biblioteca.defene/