miércoles, 13 de noviembre de 2024

Teatro

 O alumnado de 5º e 6º de primaria, 1º e 2º da ESO asistiron á representación da peza teatral  O mundo está roto pero pódese camiñar.

A obra conta a historia da reconciliación coa vida e co seu pai dunha nena de 10 anos depois dunha dura perda. Unha posta en escena moi particular, na que unha biblioteca, os libros, as historias xogan un papel moi importante.



sábado, 9 de noviembre de 2024

Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

 O CPI A Xunqueira estivo un ano máis nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.

"Biblioteca escolar a escena!"



Falouse do poder do teatro como soporte para diferentes relatos, dos proxectos, do poder da lectura, da creación...

miércoles, 6 de noviembre de 2024

Exposición de cogomelos

Na biblio contamos para o Samaín coa visita de Luis Cuba que, como en anos anteriores, falounos dos cogomelos que podemos atopar nos nosos montes.

Foron dúas charlas co alumnado de 5º, 6º de Primaria e 1º de ESO. Tamén deixou unha estupenda mostra na que se expoñen exemplares etiquetados cos seus nomes científicos para que todo o alumnado do centro se achegue a coñecelos. 












Limpeza da praia do Regueiro (San Valentín)

 Un ano máis o noso colexio participou na limpeza simultánea de praias organizada pola asociación Adega. 

Esta actividade, que se ía desenvolver o venres 25 de outubro, tivo que adiarse por mor do tempo ata o día 5 de novembro de 16:20 a 18:00 horas. 

O alumnado de 1º da ESO do noso colexio limpou a praia do Regueiro, no barrio de San Valentín. En menos de dúas horas retiramos 57,6 kg de lixo. Atopamos plásticos, anacos de cadeiras, patas de plástico, anacos de porespán, microplásticos, ...

Depositamos o lixo en contedores que pon á nosa disposición o concello de Fene, que tamén nos achegou luvas e sacos do lixo para facer a recollida. 

Aprendemos a importancia de colaborar en manter limpo o noso entorno e coidar o medio ambiente.

Unha experiencia moi positiva que temos pensado repetir.