O alumnado de 5º EP proponnos comezar o ano poñendo a proba as nosas habilidades axedrezísticas.
Cada semana proporanos un reto que debemos adiviñar: cun só movemento debemos facer xaque-mate.
Comezamos a semana do luns 13 de xaneiro co seguinte reto:
1.- Colle o reto na caixa que hai na mesa da entrada (ao lado da porta de xefatura de estudos).
O punto negro do lateral indica que debemos mover negras nesta ocasión.
2.- Resolve o reto e introdúceo no buzón
ANÍMATE E PARTICIPA