miércoles, 26 de marzo de 2025

Obradoiro de de radio

O alumnado de primaria e secundaria participou nun obradoiro de radio escolar impartido por Soledad Felloza. Aprenderon técnicas de narración oral para logo desenvolver nos seus programas de radio, A Xunqueira Radio.

viernes, 21 de marzo de 2025

Muller e prensa

 

Na semana da prensa, do 10 ao 15 de marzo, iniciamos uns traballos nos que reflexionamos sobre o papel da muller na prensa: noticias que protagonizan mulleres, noticias que escriben mulleres, ...

Participamos no programa Prensa-Escola de La Voz de Galicia. Buscamos noticias sobre mulleres nos xornais que nos envían cada mércores para traballar na aula. 

Cada alumno/a escolleu unha noticia que lle pareceu interesante, leuna e resumiuna facendo o seu traballo sobre muller e prensa. Están expostos na entrada da biblioteca do noso colexio. 








miércoles, 19 de marzo de 2025

Colaborando na biblioteca

Colocando libros, preparando cartelería..... unha axuda moi prezada a dos nosos colaboradores. Moitas grazas

jueves, 13 de marzo de 2025

Minimarket 2025

 


O noso alumnado de Formación e Orientación Persoal e Profesional participou hoxe na feira Minimarket celebrada no CIS de A Cabana.

Un dos proxectos que levaban resultou premiado co Accesit ao mellor proxecto de innovación.

Trátase dun sistema de purificación do aire deseñado para polígonos industriais. 

Agradecemos o traballo e colaboración do profesorado e dos compañeiros. 

Noraboa aos premiados!!!! 






miércoles, 12 de marzo de 2025

Semana da prensa



 Esta é a semana da prensa. Temos un expositor con xornais de diferentes partes do noso país e do mundo. 

 

Tamén, con motivo da semana da prensa e o día da muller, estamos a facer uns traballos con alumnado de diferentes grupos e niveis educativos. Neles analizamos as noticias protagonizadas por mulleres e/ou escritas por mulleres.

 

Así mesmo, estamos a facer seguemento de diferentes conflitos, nacionais ou internacionais, a través do que se publica nos diferentes xornais da nosa zona. 


 

martes, 11 de marzo de 2025

Antía Yáñez

Hoxe visitounos Antía Yañez para falar do seu libro Plan de rescate co alumnado de 6º de EP.

sábado, 8 de marzo de 2025

8M 2025

 


Un ano máis imos conmemorar a data do 8 M, reivindicando o papel da muller na nosa sociedade, dunha maneira activa e participativa. 

Este ano o departamento de orientación propón ao alumnado de 1º da ESO a elaboración de podcast sobre a muller que gravarán na nosa radio escolar. 

Faremos ademais exposición de libros sobre esta temática.