jueves, 18 de diciembre de 2025

NADAL 2025 NA XUNQUEIRA

 Nesta última semana estamos a celebrar unha morea de actividades no noso centro. 

Hoxe xoves 18 de decembro, a empresa Picariños (da man da ANPA do noso centro), trouxo moitas propostas divertidas que levou a cabo co noso alumando de Infantil e Primaria.

En infantil desfrutaron da visita do Apalpador, contos, baile e música.

Tamén en primaria houbo baile, música, talleres, ... Pasaron a mañá xogando. 







Hoxe tamén alumnado da ESO saiu polo barrio cantar o Nadal aos veciños. Visitaron Aspanaes, o CPS e o Bar Novo entre outros. 

venres 19 de decembro hai moitas actividades programadas:

Os paxes reais visitarán ao alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria

Despois todo o colexio baixará ao ximansio onde entregaremos os premios do concurso de postais de Nadal e comeremos as "uvas de fin de ano" coas badaladas das 12. 

Haberá festa nas aulas e baile de fin de ano no ximnasio. 


Aproveitamos para desexarlle a toda a comunidade educativa da Xunqueira un 

Bo Nadal e Feliz Ano 2026




miércoles, 17 de diciembre de 2025