lunes, 23 de febrero de 2026

Día de Rosalía de Castro

 No Día de Rosalía de Castro queremos deseñar carteis que nos lembren a súa figura e a súa obra.





sábado, 14 de febrero de 2026

Entroido no cole

 Hoxe por fin chegou o día, o Entroido chegou á Xunqueira.

O alumnado do cole estivo moi ocupado durante días para confeccionar os seus disfraces. O lema deste ano é o Deseño galego, e abofé que fixeron bos deseños!!








O tempo deu unha tregua e deixolles facer un pequeno desfile.








 


O Entroido

 Hoxe veu falar co alumnado de 1º ESO  Yerai Paz, recoñecido especialista na investigación e divulgación do traxe tradicional galego, incluíndo as vestimentas propias do entroido. O seu labor céntrase na análise histórica, as diferenzas xeográficas e a autenticidade das pezas.



O Entroido tradicional galego é unha das festas máis ancestrais e singulares de Europa, celebrada entre febreiro e marzo para marcar o fin do inverno e o inicio da primavera.

Yerai deunos unha explicación de por que a data do Entroido varía no tempo, do significado da palabra e de como se vivía o entroido tradicional nas distintas zonas de Galicia. O alumnado escoitou explicacións descoñecidas para eles e formas de vivir o Entroido moi distintas ao que eles están acostumados. 

Falounos das máscaras e a recuperación da tradición



Precisamos recuperar as nosas tradicións e necesitamos xente que nos axude a facelo.

miércoles, 11 de febrero de 2026

Día da nena e a ciencia





 Dende a biblioteca queremos visibilizar o papel da muller na ciencia mediante a exposición de libros que demostran o seu papel como Pioneiras, Valerosas...  mulleres de onte e hoxe que debemos manter nas nosas cabezas para seguir avanzando.


O alumnado de 1º da ESO buscou información sobre mulleres relevantes na ciencia e noutras artes. Logo de informarse, fixeron unha exposición oral ante os seus compañeiros e saíron traballos moi chulos.

lunes, 9 de febrero de 2026

III Edición do torneo de xadrez

 Hoxe deu comezo o III Edición do torneo de xadrez do CPI A Xunqueira.

Ten lugar nos recreos e participa alumnado de primaria e secundaria.


O xadrez forma parte dos nosos recreos dende hai tempo, xa sexa en forma de competición  ou para disfrutar do tempo de lecer