martes, 25 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 20010



UXIO NOVONEYRA

A SUA VIDA.

Uxío Novoneyra naceu no Courel o 19 de Xaneiro de 1930.

En 1945, transládase a Lugo para estudiar o bacharelato que remata en 1948. Neste último ano coñeceu o escritor da Terra Cha Manuel María.

De 1949 a 1951, estivo en Madrid, volve a Galicia no ano 1952 para facer o servizo militar con estancias en Santiago, A Coruña e Lugo onde coincide outra vez con Manuel María. As experiencias compostelás son fundamentais, pois espertan no escritor unha nova conciencia Galega.

Dende 1953 a 1962, permanece no seu lugar de nacemento e gardou cama por unha pleuresía. No período que vai dende 1962 retorna ao Courel pola enfermidade dos seus pais. No 1968, coñece a Elva Rei coa que casa e ten tres fillos, Braca Petra, Uxío e Arturo. En 1983, afincase definitivamente en Santiago ata que morreu en 1999.


No seguinte enlace podense atopar multitude de RECURSOS sobre a biografia, a obra, actividades para os distintos ciclos, animacions, libros dixitais.