domingo, 20 de febrero de 2011

No corazón do bosque:capítulo 1


UN DÍA DE EXCURSIÓN
Raquel foi das primeiras en baixar do autobús. Estaba cansa, despois dunha viaxe tan longa, pero por dentro sentíase chea de excitación. Desde que rosa anunciara na clase que ían facer unha viaxe ata as fragas do río Eume, non deixara de fantasiar sobre aquela excursión que tanto a atraía.
O autobús parara nun aberto que había onde remataba a estrada, a carón dunha ponte de pedra que atravesba o río. Aínda que Rosa xa lles contara o que ían ver, e mesmo lles ensinara un vídeo sobre o lugar, Raquel quedou sen fala ao contemplar a paisaxe que tiña diante.
O primeiro que viu foi o río, coas augas bravas que baixaban atoladas, producindo un fragor que afogaba calquera outro son.

No hay comentarios:

Publicar un comentario