sábado, 14 de abril de 2012

CENTENARIO CELSO EMILIO FERREIRO

CELSO EMILIO FERREIRO

Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 6 de xaneiro de 1912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.[1] Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989


IRMANS

Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e tí negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmáu che falo.
Común témos a patria,
común a loita, ambos,
a miña man che dou,
coma un irmáu che falo.  
 








No hay comentarios:

Publicar un comentario