sábado, 16 de febrero de 2013

RECORDANDO A ROSLIA DE CASTRO

Rosalía de Castro
 A escritora e poetisa naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837.
 Pese as suas novelas, destaou especialmente no campo da poesía moderna.
 As suas tres obras clave son "Cantares Galegos'', 'Follas Novas' e 'Nas orillas do Sar'
 Este venres 24 de febreiro  cumplense 175 anos do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro. Unha xornada na que a literatura nacional en xeral lembra  a sua  ilustre figura, pero celebrada na sua terra como o Día de Rosalía de Castro, na que ademáis de recordar a  insigne escritora e poetisa  animouse  aos galegos a participar nos actos que se celebran por toda a Comunidade, así como a regalar un libro escrito en galego e unha flor.


  • Para recordar o nacemento da autora, a  Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza nas principais cidades e pobos  lecturas da sua obra.
    Asimesmo, a  AELG lerá un manifiesto no que solicitará a difusión do coñecemento da obra da autora galega, en especial entre as xeracións máis xóvenes, pois  a sua poesía e prosa reflexiva son base indispensable para  fomentar o amor a  lingua e comprender a identidade cultural de Galicia.
    Pese a que a novelista galega foi unha asidua cultivadora da prosa, onde Rosalía destacou foi  no campo da  poesía, a través da  creación da suas tres obras clave: Cantares Gallegos, Follas Novas y En las orillas del Sar.
    Entre as suas obras en prosa destacan El caballero de las botas azules y La hija del mar, nas que reivindica a figura femenina e a formación da muller.
  •  



    Cantares Gallegos é unha obra poética de Rosalía de Castro publicada no ano 1863.
    Foi o marido de Rosalía, Manuel Murguía quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega. Ía ser prologado por Nicomedes Pastor Díaz, mais finou antes de que fose editado.
    No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolve-las cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, tódolos poemas, agás dous, son glosas de cantares, procedemento este que tamén aparecerá, inda que con pouca relevancia, en Follas novas. Algunhas glosas están escritas en metros populares ("Miña casiña"; "Vivir para ver"; "¡Padrón...!, ¡Padrón!"...) e outras non ("Cada cousa no seu tempo"; "Eu por vos"...).
    Tódolos críticos consideran que Cantares Gallegos supera os riscos da paráfrase, mantendo o encanto da copla glosada sen se converter nun texto inexpresivo.
    Os textos de Cantares Gallegos son clasificables consonte ás seguintes temáticas:
    • Poemas costumistas: Presentan carácter descritivo e narrativo.
    • Poemas amorosos: "Quíxente tanto meniña", "Cantan os galos pró día"...
    • Poesía cívico-social: Poemas reivindicativos referidos frecuentemente á emigración como "Adios ríos, adios fontes" ou "Castellanos de Castilla".
    • Poesía intimista: Só se achega o eu poético de Rosalía en dous poemas, "Campanas de Bastavales" e "Como chove miudiño". Neles avánzase a profundidade que terá a súa obra posterior. Así a todo, tamén se poden observar os sentimentos íntimos de Rosalía en "Un repoludo gaiteiro", cando fal de "... pobres palomas, buscaban a luz que as ía queimar...

    Retrato del pueblo gallego

    A sua obra, tal e como destaca a AELG, "é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Dende o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e  polos galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención de la patria gallega y asumeu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a sua obra e o seu pensamento".
     Hoxe a sua obra  considerase indispensable no panorama literario do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Curros Enríquez supón unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento gallego.
    Sen esquecer a Gustavo Adolfo Bécquer,  díxosse dela que é a precursora da poesía española moderna.
    Ademáis da sua vasta aportación literaria,  Cantares Gallegos  téñense como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea, traballo que terminó por convertirla en todo un símbolo do pobo galego.

     


    No hay comentarios:

    Publicar un comentario