ROBERTO VIDAL BOLAÑO
FAI CLIC NA IMAXEN ATOPAREDES ACTIVIDADES DO SEMINARIO GALÁN.
NESTE ENLACE ATOPAREDES INFORMACIÓN SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
A escolla de Roberto Vidal Bolaño, por parte da RAG (Real Academia Galega), para ser o autor ao que se lle dedican as Letras Galegas do 2013 non foi casual. Era a primeira vez que un dramaturgo tería ese honor. Ademais de dramaturgo, Roberto era un home de teatro a tempo completo: actor, director, creador de compañías...
Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores do teatro profesional en Galicia. Foi un activo defensor da normalización lingüística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor, escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios. |
NESTE ENLACE ATOPAREDES INFORMACIÓN SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
De aí que o CDG decida poñer en marcha un programa especial para o ano RVB, que se pode ver no seguinteenlace.
Agora, estamos asistindo á estrea de Días sen gloria no teatro Principal de Santiago, unha obra que trata do camiño sen volta, das Fisterras e a marxinalidade, dos alectos e a súa falta. Días sen gloria é unha de indios, dos indios de tódolos oestes que sobreviven ou morren.
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario