O hábito lector e a comprensión lectora desenvólvense no seo familiar dende a primeira infancia e, con posterioridade, conxuntamente dende a escola e a familia. O papel das familias no proceso lector é fundamental.
A lectura e a comprensión lectora aseguran non só o éxito escolar senón o desenvolvemento da imaxinación e o dereito a gozar da linguaxe poética.
O exemplo dos pais e nais en relación co hábito lector é fundamental: debe transmitirse como se transmiten outras afeccións. As familias, aínda que sexa intuitivamente, transmiten o uso e desfrute da linguaxe.
A colaboración entre familias, escolas e bibliotecas debe ser o piar para desenvolver o hábito lector dos nosos nenos e nenas
No hay comentarios:
Publicar un comentario