martes, 26 de noviembre de 2013

IMOS AO TEATRO

OS ALUMNOS DE 5º e 6º DE PRIMARIA FORON AO TEATRO A VER A OBRA

            "A VOLTA AO MUNDO EN 6O MINUTOS"

 A compañía vasca Gorakada deleitou  cunha adaptación da obra de Xulio Verne “A volta ao mundo”, na que o protagonista da historia Phileas Fogg, bate un novo récord. En lugar de en oitenta días, fixo o percorrido nos sesenta minutos que dura o espectáculo.
Julio Salvatierra é o responsable do texto e a obra está dirixida por Álex Díaz e Ze García. Os actores e músicos Aritza Rodríguez, José Cruz Gurrutxaga, Miren Larrea e Mikel Gaztañaga son os responsables de dar vida á divertida viaxe arredor do mundo.

Un momento da representación de onte en Narón DAniel Alexandre



OS NENOS DE ED. INFANTIL FORON AO TEATRO DE NARÓN A VER A OBRA
                 O PRINCIPE E O PARRULO

                                         O príncipe e o parrulo

Un castelo, unha árbore e unha casa é o único que se precisa para contar esta pequena historia que fala de grandes cousas. Dous pequenos descobren que non hai nada tan divertido coma ter alguén con quen compartir, con quen xogar...que non hai nada tan grande coma un amigo.


EME2 - O príncipe e o parrulo


No hay comentarios:

Publicar un comentario