PALABRAS DE AUGA

O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos
Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra
mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo
un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o
futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos
formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar
axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior,
desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha
viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais
tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante,
cativador e conmovedor.
TRABALLOS REALIZADOS POR 6º E.P.
No hay comentarios:
Publicar un comentario