PARA COÑECER A OBRA DE ANDREA MACEIRAS FACEDE CLIC NA IMAXE
VISITA DE ANDREA
MACEIRAS AO CPI A XUNQUEIRA
O pasado martes día 29 de marzo , visitou o noso cole a xove escritora
coruñesa Andrea Maceiras. Nacida na Coruña en 1987, é licenciada en Filoloxía
Galega e Hispánica. Escribe poesía, relatos curtos e novelas máis longas e xa
ten recibido numerosos premios dende a publicación da súa primeira novela
xuvenil no ano 2007 titulada “Proxecto Bolboreta”.
En 2015 gañou o Premio Jules Verne de
Literatura Xuvenil con “Europa Express” (Xerais, 2015). Esta é a obra que están
a ler os nosos alumnos e alumnas de 3º da ESO e que foron os que puideron
disfrutar das palabras desta escritora nova e con gran talento nun encontro que
tivo lugar na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario