3 ANOS
Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro;
¡pon os teus cornos ao sol
xa que eres tan frioleiro!
Ao lombo levas a casa
caracol, caracoleiro:
¡e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!
Caracol, col, col;
caracol, caracolón:
¡pon os teus cornos ao sol
ao sol os teus cornos pon!
4 ANOS
O ARCO DA VELLA
NO CEO SUBIDO
CO SEU COLORÍN
CO SEU COLORIDO.
O ARCO DA VELLA
CON SETE COLORES
QUE TEÑEN, NO CEO,
BELEZA DE FLORES
O ARCO DA VELLA
NO CEO CHANTADO
CO SEU COLORÍN,
CO SEU COLORADO.
O ARCO DA VELLA
É UN ARCO TRIUNFAL
CON SETE GUERREIROS
QUE A NINGUÉN FAN MAL.
O ARCO DA VELLA
DE LUZ FEITO .
¡RESULTA UN MILAGRE
QUE SIGA DE PÉ!
5 ANOS
PARA ESCRAVO O LABRADOR!
NO INVERNO MÓLLASE
NO VRAO DERRÉTEO O CALOR.
A SÚA VIDA É INCERTA
O SEMENTAR NO SABE
SE ACERTA OU NON ACERTA.
PARA LOGRAR UNHA ANADA
TEN QUE CONTAR CO SOL,
COA AUGA, COA XEADA...
COMO A TERRA É CEGA
SE LLE DA FROITO UN ANO
O QUE VEN XA LLO NEGA.
ASÍ VIVE O LABRADOR
¡COMENDO PAN REGADO
CON SANGUE E CON SUOR!
MANUEL MARÍA
No hay comentarios:
Publicar un comentario