viernes, 18 de noviembre de 2016

RECREANDO O PASADO INDIANO

No marco dos actos conmemorativos organizados polo Concello de Fene co gallo do centenario dos grupos escolares Concepción Arenal e Curros Enríquez, e do 101 aniversario da inauguración da escola de Limodre, os colexios do municipio acolleron esta mañá unha xornada especial na que o alumnado e os seus mestres e mestras voltaron ao pasado. Recrearon aqueles centros de ensino propios de principios do século XX que se ergueron "nunha sociedade claramente influenciada pola cultura, as tradicións e as modas traídas polos indianos". A celebración deste aniversario educativo continuará até medidados de decembro e a semana que vén abrirá na Casa da Cultura unha exposición sobre a pegada da emigración no ensino local. 



No centenario das Escolas de Emigrantes, "Escolas dos Naturales de Fene" 1916-2016, indianos das Américas visitan o CPI A Xunqueira.
Para ver as fotos dos alumnos vestidos de indianos podedes visitar o facebook do colexio https://www.facebook.com/axunqueirafene/?hc_ref=NEWSFEED

No hay comentarios:

Publicar un comentario