PARA VER AS ACTIVIDADES PROGAMADAS POLO CONCELLO PARA O NADAL FACEDE CLIC NA IMAXE
Unha visita na que o carboeiro do Courel agasallará aos nenos e nenas con lambetadas ecolóxicas ao tempo que lles deixará ensinanzas relacionadas co respecto pola natureza, a recuperación da tradición cultural e os hábitos saudables.
Cada vez son mais as vilas e localidades de Galicia que celebran e escenifican na rua a visita do Apalpador, un personaxe da mitoloxía popular galega, que trae regalos aos nenos e nenas no Nadal.
Caracterizado como un vello barbudo e xigantón, vestido con roupa de campo, vella e remendada, fumando en pipa, e cargado cun saco de castañas ao ombro, o Apalpador e recibido con música e cancions, en medio da algarabía de nenos e maiores.
Como personaxe de antano, de oficio carboeiro, que baixaba desde as montañas do Courel as vilas e pobos de Galicia cun saco de castañas que ia deixando aos nenos, preocupado por que non estiveran desnutridos –o nome venlle de que apalpaba (palpaba) as barrigas dos nenos para ver se estaban cheas–, a filosofía que encerra a recuperación desta figura do imaxinario popular galego e contraria ao consumismo que empañan outras tradicions importadas. Por iso, vai moi unida as ideas do valor das cousas manufacturadas, do respeto ao medio ambiente, e do valor dos regalos que se fan con mais cariño que diñeiro.
E PARA PÁSALO BEN CO APALPADOR FAI CLIC NOS DEBUXOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario