No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.
Iago López Santos (Ourense 1977) é mestre en Educación infantil e contacontos. No seu tempo libre dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como “Marañao” ou “Chéspir teatro”. Como autor de literatura infantil iníciase co álbum ilustrado “O cociñeiro Martiño” (Xerais, 2016).
No hay comentarios:
Publicar un comentario