Este curso seguimos coas restriccións pola pandemia da Covid-19 pero non quixemos deixar pasar a ocasión de que nenos e nenas de infantil e primaria compartiran o pracer da lectura.
Aproveitamos a creación do laboratorio de radio, da man de Radio na Biblio, e iniciamos unha sesión de audiocontos.
O alumnado de 5º e 6º lerá os contos na radio e enviaremos as grabacións ao alumnado de infantil.
Tras moito traballo do profesorado de primaria poñemos en marcha XunqueiraRadio con moita ilusión e desexando que sexa unha ferramenta estimulante para o desenvolvemento das competencias do noso alumnado.
Aquí vos deixamos o enlace ao audioconto Breogán e as ovellas
No hay comentarios:
Publicar un comentario