Para rematar o curso, no CPI A Xunqueira estamos organizando diferentes actividades culturais nesta última semana.
Unha delas é unha ruta polos murais que decoran as paredes da nosa vila. Nesta ruta estaremos acompañados por Ramón, un dos organizadores do Perla Mural Fest e por Moncho, colaborador do festival e antigo mestre do noso colexio, aos que lles agradecemos a súa colaboración.
Aquí vos deixamos algunha información dos murais de Fene, para que os coñezades un pouco máis.
Esperamos que vos guste a información e que a ruta sexa un éxito
No hay comentarios:
Publicar un comentario