A veciñanza xa pode adquirir as entradas para a xornada solidaria "Todo para Xoel"
10 de abril de 2015
A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, anima á cidadanía a sumarse a esta celebración, que terá lugar o 19 de abril no pavillón de San Valentín
Paso a Paso. "Todo por Xoel"
A concelleira de Cultura e Deportes, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá que xa están á venda as entradas para participar na xornada solidaria “Todo para Xoel”, que promove a entidade “Paso a Paso” xunto ao Concello e coa colaboración de máis de noventa asociacións e establecementos de toda a comarca. Celebraráse o próximo domingo 19 de abril no pavillón polideportivo de San Valentín, entre as 11 e as 19 horas, e a beneficio de Xoel, un fenés de seis anos que, dende que é bebé padece parálise cerebral. Un dos veciños máis queridos e admirados xa que o optimismo e a alegría son os principais rasgos da súa personalidade.
Todos aqueles que desexen participar poden mercar as súas entradas, ao prezo simbólico de tres euros, nos seguintes puntos: Sociedade Agarimo de Sillobre, Pavillón de San Valentín, Altafit Gym Club Odeón, Natura Ferrol, Sociedade Cultural e Recreativa de Barallobre, Sociedade O Pote de Maniños e no campo de fútbol de Maniños. Nestes lugares, a veciñanza tamén ten á súa disposición rifas a un euro para participar no sorteo dun sinfín de agasallos e cuxa recadación terá como destino a mesma causa.
A falla de pechar definitivamente o programa, que se presentará próximamente, algunhas das actividades previstas serán a celebración de masterclass de zumba e de fitness, un maratón de futbolín, un torneo de biberóns, un xantar popular (que se costeará á marxe dos tres euros), obradoiros para nenos e nenas, exhibicións de hip hop, actuación de Los Zares…
No hay comentarios:
Publicar un comentario