lunes, 8 de febrero de 2016

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES E O MUNCYT

OS ALUMN@S DE 5º E 6º DE E.P. VISITARON O MUSEO DE "BELAS ARTES"
A colección do Museo de Belas Artes da Coruña abrangue un bo número de pezas de pintura, debuxo, escultura, gravado, artes decorativas e arqueoloxía. A colección comeza a formarse a finais do século XIX e vai crecendo a través dos anos grazas a implicación de diferentes doantes, artistas, colectivos e institucións públicas. Dentro dos depósitos destacan os cadros pertencentes ao Museo del Prado. Outras institucións teñen colaborado na creación da colección do museo, como a propia Xunta de Galicia. A doazón de obras ao museo foi moi intensa, como o legado de dona Maruxa Seoane, ou o de Manuel Santiago Blanco e Carolina González. Nas últimas décadas o programa de adquisicións do museo tratou de completar a visión da arte galega desde o XIX ata os nosos .

 
 
NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA OS ALUMN@S ADMIRARON OBRAS DE SOROYA, LUIS SEOANE, ISAAC DÍAZ PARDO ENTRE OUTROS AUTORES.



 
 
"APOTEOSIS DE HÉRCULES" DE RUBENS
ACTIVIDADES REALIZADAS POLOS ALUMNOS NO MUSEO DE BELAS ARTES.

PARA VER AS OBRAS MÁIS DESTACADAS FACE CLIC NA IMAXEN

Vista de sala del Museo de Belas Artes da Coruña © Ministerio de Cultura

VISITA AO MUNCYT
O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de España (MUNCYT) é un museo de titularidade estatal dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade e xestionado pola Fundación Española para a  Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).







FACEDE CLIC NA IMAXEN PARA ACCEDER AS EXPOSICIÓNS

No hay comentarios:

Publicar un comentario