Cunha representación de “Riciños de ouro e os tres osos”, a cargo de Trinketrinke Teatro, comeza o vindeiro martes 29 de marzo a programación de primavera da biblioteca municipal “Xosemaría Pérez Parallé”. Todas as actividades, organizadas pola Concellería de Cultura e Ensino, encádranse no programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.
Á volta das vacacións de Semana Santa, a biblioteca municipal de Fene conmemorará o martes 29 de marzo o Día do Teatro con Trinketrinke Teatro e o seu contacontos teatral “Riciños de ouro e os tres osos”. A actividade, dirixida a nenos/as de 3 a 8 anos, comezará ás 18.00 horas. Entrada libre, ata completar o aforo.
O venres 1 de abril (18.00 horas) presentarase na biblioteca de Fene o espectáculo "Brinca vai! de aquí a acolá" de Paco Nogueiras para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra o 2 de abril. Actividade dirixida a todos os públicos e con entrada libre, ata completar o aforo.
“BRINCA VAI! de aquí a acolá” é unha actividade para ler, ver e escoitar. “Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades. Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando…”
A programación de primavera da biblioteca municipal “Pérez Parallé” completarase o xoves 21 de abril (18.00 horas) co "Contiario" de Pablísimopara celebrar o Día do Libro (23 de abril). A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 4 a 10 anos.
¡Pasen e Vexan!¡ Pasen e escoiten!... Achéguense aos contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo! No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais,contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas...
Tamén dentro do programa “Ler conta moito”, a biblioteca municipal adianta que no mes de outubro (o luns día 24) conmemorarase o Día da Biblioteca con Fátima Fernández e o seu espectáculo "Érase unha vez uns zapatos..."
Contacontos dirixido a nenos/as de 4 a 12 anos. ""Que sería do gato con botas sen as botas, de Cinsenta sen o zapato de cristal, se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro... Sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos se non houbese zapato
No hay comentarios:
Publicar un comentario