viernes, 17 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO "DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Por que o día 25 de Novembro é o día internacional da Violencia contra as Mulleres?
O día 25 de Novembro foi declarado o Día Internacional da Violencia contra as Mulleres no Primeiro Encontro Feminista para América Latina e o Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en 1981. Neste Encontro as mulleres denunciaron sistemáticamente a violencia de xénero, dende agresión domésticas a violacións e torturas. No recordo de todos estaban as irmás Mirabel, asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola dictadura de Rafael Trujillo na República Dominicana.
Patria(n. 1924), Dedé(n. 1926) e María Teresa(n.1925) naceron en Ollo de Auga (R. Dominicana) foron encarceladas repetidamente pola dictadura de Trujillo debido ás súas actividades e pola súa conciencia crítica en contra da dictadura e en defensa da democracia e a xustiza.
Son coñecidas como as Bolboretas, pois ese era o seu nomee segredo. O seu asasinato conmoveu a toda a poboación dominicana, impulsando o movemento antitrujillo.
A película "En el tiempo de las mariposas", baseada no libro "Tres heroínas e un tirano" recolle a vida destas irmás.



CAMPAÑA DO LAZO BRANCO
A Campaña do Lazo Branco naceu en Canadá a finais dos anos 80. O 6 de decembro de 1989 foron asasinadas 14 adolescentes polo feito de estudar unha carreira destiñada a homes. O asasinato, ao berro de "feministas" entrou na Escola Politécnica de Enxeñería en Montreal e matounas. A partir desta data, un grupo de varóns pensou que tiñan a responsabilidade de implicarse e implicar a outros homes, en facer algo para que estes feitos non volvesen a producirse nunca máis. O primeiro sería deixar de pensar en silencio.
En España, 1200 homes son denunciados cada mes por maltrato. Cada semana un home mata a unha meller. Os datos son estremecedores.
En 1991 en Toronto impúlsase a Campaña do Lazo Branco. En 1999, varias asociacións de mulleres e varóns na UE súmanse a esta iniciativa. Un home que garda silencio ante a violencia contra as mulleres é parte do problema.
É necesario cambiar as actitudes negativas, os comportamentos e as institucións que permiten estes actos violentos. Todas as formas de violencia son inaceptables.

A VIOLENCIA CONTRA AS  MULLERES NO MUNDO. ALGÚNS DATOS.
  • En China, o 25% das nenas, consideranse unha carga social, son abandonadas ou asasinadas.
  • Na India é común a práctica de asasinar á esposa (envelenándoa, estrangulándoa ou queimándoa) cando a familia dela non pode seguir pagando a dote.
  • 130 millóns de mulleres en todo o mundo, sufriron, de nenas ou de mozas. a mutilación xenital necesaria para preparalas a aceptar as responsabilidades co seu futuro marido.
  • A condena a morte por lapidación é común nalgúns países de África, onde se segue pensando que o honor da familia depende da sexualidade das mulleres.
  • En Europa, a pesar de estar prohibido pola Convención de Xenebra, se segue practicando a violación masica de mulleres en situación de conflicto e a consideración dos seus corpos como botín de guerra.
  • Na UE, entre 200 e 500 mil mulleres e nenas son víctima de tráfico sexual e prostitución.
  • En Mexico, o asasinato de mulleres queda en completa impunidade. Destácanse os asasinatos de mulleres en Ciudad Juárez, un feminicidio sen precedentes, sen que as denuncias por parte dos familiares consegan a intervención das autoridades.
  • Feminicidio=Asasinato de mulleres cometido por homes dende a súa superioridade de xénero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario